Castellano | Galego | English
Entorno
Contorna

A Mesón Pensión Campa da Braña está situada na aldea de Campa da Braña concello de Cervantes, en pleno corazón do Parque Natural dos Ancares Galegos.

Contorna

Entorno

A Mesón Pensión Campa da Braña está situada na aldea de Campa da Braña, concello de Cervantes, en pleno corazón do Parque Natural dos Ancares galegos. Esta barrera natural que une Galiza e Castela León chamada Os Ancares, constitúe unha área natural de gran valor medioambiental e, a Mesón Campa da Braña, situada a 1.200 m de altitude, atópase rodeada de picos como o Cuíña (1.987 m), Miravalles (1.987 m), Penalonga (1.890 m), Mustallar (1.924 m), Corno Maldito (1.848 m), Tres Bispos (1.795 m), Penarrubia (1.821 m), Pico Lanza (1.876 m). A cordilleira dos Ancares constitúe o inicio ou final da Cordilleira Cantábrica.

Entorno

Entorno

A cordilleira dos Ancares vai dende Porto de Ancares, no extremo noroccidental da provincia de León, ata o porto de O PORTELO, fronteira entre a provincia de Lugo e o Val de Balboa, na comarca do Bierzo. O Parque Natural de Ancares comprende a parte máis oriental dos concellos de Cervantes e Navia de Suarna en Galicia e na parte leonesa, os vales de Ancares, do Burbia e de Balboa, ademais das localidades de Suárbol e Balouta, os montes desta última son limítrofes con Asturias.

Os vales en forma de U dos Ancares e as grandes rochas, xeralmente graníticas, dispostas aleatoriamente nas súas concas, amósannos a antiga presenza, no Parque Natural dos Ancares, dos ríos de xeo: OS GLACIAIS.

Entorno

Entorno

Os bosques de carballos, acivros, bidueiros, freixos, saucos, teixos, castiñeiras, sobreiras, érbedos, arándanos… son especies que pertencen aos climas atlántico e mediterráneo e que conviven no Parque Natural dos Ancares en perfecta harmonía. A variedade de vexetación ofrece infinidade de recursos alimenticios, de protección, etc. e un sinfín de especies que van dende pequenos invertebrados ata raposos, xabaríns, lobos, grandes aves, osos e pequenos e fermosos paxaros, máis doados de observar, como: ferreiriños, papuxas, carrizos, pinzóns, carboeiros, camachuelos, escribanos cerillo, etc. Tamén o corzo déixase ver por estas montañas, pastando nos prados e nos lindes dos bosques.

Entorno

Entorno

Amplos vales, inzados de vexetación, bañados polos ríos de aguas frías e cristalinas, innumerable diversidade de fauna, numerosos picos unidos por escarpadas crestas, fan do Parque Natural dos Ancares un lugar excepcional para a práctica do sendeirismo de montaña.

As condicións climáticas e orográficas tan duras do Parque Natural dos Ancares, onde os difíciles invernos de antano facían necesaria a convivencia, baixo o mesmo teito, de persoas e animais e cos víveres precisos para sostén de varios días nas famosas pallozas, construcións que, xunto cos hórreos, de clara influencia asturiana, son características dos Ancares.