Castellano | Galego | English
Instalaciones
Instalacións

Temos prezos especiais para grupos, excursións de centros escolares, concellos ou outras organizacións.

ALOXAMENTO – RESTAURANTE – ALUGUER DE APARTAMENTO

Aloxamento en Os Ancares

No primeiro andar atópase a pensión na que dispoñemos de 7 cómodas habitacións dobres e triplos nas que poderedes descansar, organizar as vosas rutas e seleccionar entre picos que van desde 1.795 m como (Tres Bispos) a 1.987 m (Cuíña).

Para grupos dispoñemos do Albergue cunha capacidade de 45 prazas e sala para montañeros, divididas en 4 habitacións, tres delas con capacidade para 9 persoas cada unha e outra para unha ocupación de ata 18 persoas. O prezo de litera por noite é de 8 €, que inclúe almofada e roupa de cama. Ademais todas os cuartos teñen calefacción.

Na planta baixa está situada a fermosa cheminea que dá calor aos músculos cansos dos montañeiros logo de facer algunha dos múltiples roteiros de montaña que existen nos arredores da nosa casa.

Restaurante en Os Ancares

Na planta baixa da nosa Pousada está situado o restaurante-mesón, con capacidade para 50 persoas, onde poderedes gozar de comida caseira. As nosas verduras proveñen das hortas dos nosos veciños e as nosas carnes da tenreira galega que pasta nos prados do corazón do Parque Natural de Ancares. Vén gozar dunha gastronomía única en Os Ancares.

Aluguer de Apartamento en Os Ancares

Para os que desexen ter unha maior independencia, ofrecemos a posibilidade de alugar un apartamento en Os Ancares, para que te sintas como na túa propia casa.