Castellano | Galego | English
Inicio

Dámosvos a benvida á web osancares.org

Rexentada por Mariló, Pedro e os seus fillos. Aquí atoparedes un trato familiar e un ambiente agradable. Na planta baixa sitúase o mesón Campa da Braña, con capacidade para 50 persoas, onde poderedes gozar de comida caseira. As nosas verduras proveñen das hortas dos nosos veciños e a carne da tenreira galega dos animais que pastan nos prados do corazón do Parque Natural de Ancares. Tamén na planta baixa temos unha fermosa cheminea que, no inverno, dá calor aos músculos cansados dos camiñantes logo de facer algunha das múltiples rutas de montaña que existen nos arredores da nosa casa.

No primeiro andar está a pensión na que dispoñemos de 7 cómodas habitacións dobres e triples nas que poderedes descansar, organizar os vosos roteiros e seleccionar unha multidude de rutas a través dos vales, picos e bosques do Parque Natural dos Ancares galegos. Para grupos dispoñemos do Albergue. A súa capacidade é de 45 prazas, repartidas en 4 habitacións, e unha sala de montañeiros.

mail: campadabranacb@hotmail.com - Teléfono: 982 18 11 35 / 619 111 583