Castellano | Galego | English
Entorno
Contorna

A pousada Campa da Braña está situada na aldea de Campa da Braña concello de Cervantes, en pleno corazón do Parque Natural dos Ancares Galegos.

Contorna

Entorno

A pousada Campa da Braña está situada na aldea de Campa da Braña, concello de Cervantes, en pleno corazón do Parque Natural dos Ancares galegos. Esta barrera natural que une Galiza e Castela León chamada Os Ancares, constitúe unha área natural de gran valor medioambiental e, a Posada Campa da Braña, situada a 1.200 m de altitude, atópase rodeada de picos como o Cuíña (1.987 m), Miravalles (1.987 m), Penalonga (1.890 m), Mustallar (1.924 m), Corno Maldito (1.848 m), Tres Bispos (1.795 m), Penarrubia (1.821 m), Pico Lanza (1.876 m). A cordilleira dos Ancares constitúe o inicio ou final da Cordilleira Cantábrica.

Entorno

Entorno

A cordilleira dos Ancares vai dende Porto de Ancares, no extremo noroccidental da provincia de León, ata o porto de O PORTELO, fronteira entre a provincia de Lugo e o Val de Balboa, na comarca do Bierzo. O Parque Natural de Ancares comprende a parte máis oriental dos concellos de Cervantes e Navia de Suarna en Galicia e na parte leonesa, os vales de Ancares, do Burbia e de Balboa, ademais das localidades de Suárbol e Balouta, os montes desta última son limítrofes con Asturias.

Os vales en forma de U dos Ancares e as grandes rochas, xeralmente graníticas, dispostas aleatoriamente nas súas concas, amósannos a antiga presenza, no Parque Natural dos Ancares, dos ríos de xeo: OS GLACIAIS.

Entorno

Entorno

Os bosques de carballos, acivros, bidueiros, freixos, saucos, teixos, castiñeiras, sobreiras, érbedos, arándanos… son especies que pertencen aos climas atlántico e mediterráneo e que conviven no Parque Natural dos Ancares en perfecta harmonía. A variedade de vexetación ofrece infinidade de recursos alimenticios, de protección, etc. e un sinfín de especies que van dende pequenos invertebrados ata raposos, xabaríns, lobos, grandes aves, osos e pequenos e fermosos paxaros, máis doados de observar, como: ferreiriños, papuxas, carrizos, pinzóns, carboeiros, camachuelos, escribanos cerillo, etc. Tamén o corzo déixase ver por estas montañas, pastando nos prados e nos lindes dos bosques.

Entorno

Entorno

Amplos vales, inzados de vexetación, bañados polos ríos de aguas frías e cristalinas, innumerable diversidade de fauna, numerosos picos unidos por escarpadas crestas, fan do Parque Natural dos Ancares un lugar excepcional para a práctica do sendeirismo de montaña.

As condicións climáticas e orográficas tan duras do Parque Natural dos Ancares, onde os difíciles invernos de antano facían necesaria a convivencia, baixo o mesmo teito, de persoas e animais e cos víveres precisos para sostén de varios días nas famosas pallozas, construcións que, xunto cos hórreos, de clara influencia asturiana, son características dos Ancares.